Saturday 22 de June de 2024

A Xunta notifica a 14 concellos da provincia da Coruña que contarán con axuda para contratar persoal nas oficinas de turismo


A Consellería de Cultura e Turismo mantén o seu compromiso reformulando unha das liñas de subvencións que tivo que ser reformulada por mor da alerta sanitaria
O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, informou que a Xunta de Galicia notificou a 14 concellos da provincia da Coruña que poderán optar ás axudas de preto de 300.000 euros que o Goberno galego viña reservando nos últimos anos para a contratación de persoal durante o verán no marco das súas habituais liñas de apoio. Concretamente, poden optar a estas achegas os concellos de A Pobra do Caramiñal, Muros, Ribeira, Rianxo, a agrupación de concellos de Lousame, A mancomunidade de municipios da Ría de Arousa Norte, Laxe, Fisterra, Corcubión, Miño, Betanzos, Padrón, Ponteume e Cedeira remitíronse as notificacións a todos os concellos da provincia que o solicitaron.

Tendo en conta que a liña de subvencións convocada en febreiro pola Xunta de Galicia tivo que ser paralizada con motivo da crise sanitaria do COVID-19, retómase agora a través dunha nova fórmula administrativa para cooperar cos concellos que solicitaron esta axuda e reforzar o persoal das súas oficinas de turismo.

En total poderán beneficiarse os 53 concellos, municipios turísticos, xeodestinos ou agrupacións de concellos que o solicitaron. Cada solicitante recibirá 5.500€, o que supón un investimento total de 291.500 euros que se repartirá por toda a Comunidade, xa que 12 concellos ou entidades municipais pertencen á provincia da Coruña, 14 á de Lugo, 13 á de Ourense e 14 á de Pontevedra.

Ovidio Rodeiro recalcou que “con esta medida búscase, en liña co previsto no Plan de Reactivación do sector turístico, fomentar o emprego, así como a colaboración cos concellos a través da contratación de persoal cualificado e profesionalizado que contribúa a blindar a calidade na atención turística no territorio galego”.